domingo, 26 de diciembre de 2010

Bacterias fósiles e boas novas

Agora tócalle o turno aos outros dous artículos que enviou Xabi.

Na cova cántabra de El Soplao atopáronse grandes rochas de orixe biolóxico formadas por restos de bacterias (as cales son consideradas os seres vivos máis antiguos do planeta)que se sabe que chegaron a colonizar toda a Terra hai 2000 millóns de anos. Pero estas son diferentes ás do resto da Terra. ¿Por que? Porque as condicións do medio (escuridade e falta de alimento) fixo que desenrolasen un modo de vida alternativo.

Para ler máis

_____________________

Segundo datos recollidos polo Instituto Nacional da Auga e Investigación Atmosférica de Nueva Zelanda, o buraco na capa de Ozono sobre a Antártida disminuiu o seu tamaño nos últimos cinco anos, o que demostra que as iniciativas como o Protocolo de Montreal están dando resultados.

Para ler o resto dos datos


Un saúdo e bo Nadal, a Redacción.

Burbullas xigantes e antimateria

Traio dúas novas enviadas polo compañeiro Adrián hai tempo xa, sinto non telas subido antes.

A primeira delas versa sobre burbullas xigantes. O Telescopio espacial Fermi de raios Gamma da NASA desvelou a existencia dunha estrutura ata o de agora descoñecida no centro da Vía Láctea que consiste en dúas enormes esferas de 25000 anos luz de diámetro. Din que a súa orixe podería ser ou ben os restos dunha erupción nun antiguo burato negro supermasivo ou ben o gas procedente de procesos masivos de formación de estrelas.

Tras este pequeno resumo, aquí tedes a información completa; o primeiro dos comentarios, que a pon en dúbida, é tamén interesante.

A nova

____________________

A segunda fala dun equipo de investigadores dirixidos por Jeffrey Hangst que conseguiu aislar 38 átomos de antihidróxeno, é dicir, antimateria. En concreto, estes átomos están formados por un antiprotón e un positrón. A gran importancia deste feito radica en que ata agora cada vez que se conseguía ''fabricar'' antimateria, destruíase ao entrar en contacto coa materia, e en que con estes antihidróxenos poderanse investigar as diferenzas e semellanzas entre unha e outra.

A nova



Un saúdo, a Redacción.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

¿Existiu algo antes do Big Bang?


Un prestixioso físico, Roger Penrose, afirma ter detectado atisbos da existencia dun universo anterior ao actual. Segundo a súa teoría, o Big Bang foi un acontecemento que deu orixe ao "eón" no que nos atopamos agora, un máis dos que serían o inicio e o final de cada eón. Para el, un eón é o tempo transcorrido entre a formación dun universo e a súa volta ao estado de compresión absoluta para empezar de novo. Como proba, da que as microondas presentan lugares con menos temperatura de radiación chamadas círculos concéntricos que serían rexións no ceo de microondas nos que o rango de temperatura da radiación é notablemente menor que noutros sitios e que contradín a teoría inflacionaria, segundo a cal a distribución das variacións de temperatura no ceo han de ser aleatorias.

Esta nova foi enviada por Xabier, da nosa clase de 1ºB, e esta é a fonte :)

A redacción.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Descobren un planeta ''pouco probable''


Ola! Tras dun tempo sen actualizar volvemos cunha nova enviada polo compañeiro Adrián Candales. Fala sobre un exoplaneta que orbita en torno a unha estrela moi antiga que foi absorbida pola Vía Láctea hai entre seis mil e nove mil millóns de anos. O planeta descoberto plantexa dudas para os modelos actuais da formación dos mesmos. Entre outras, a tesis sobre que a probabilidade de que se creen planetas xunto a unha estrela é maior cantos máis metais contén a susodita. Nembargantes, esta é moi vella e moi pobre en metais, e segundo as teorías tradicionais o planeta debería ter sido absorbido por ela durante a súa evolución estelar.

Tedes a noticia completa cos detalles clicando aquí.

A redacción.