lunes, 22 de noviembre de 2010

¿Por qué envejecemos?

Teorías más aceptadas sobre el envejecimiento.


En las últimas décadas han surgido diversas teorías que intentan explicar el proceso de envejecimiento, entre ellas la de los radicales libres. Esta teoría propone que, debido a la alteración de los mecanismos antioxidantes, se generan y acumulan los radicales libres y se produce un estrés oxidativo que daña estructuras celulares, lo cual conduce a la vejez y muerte celular.

Los radicales libres son resultado de los procesos fisiológicos propios del organismo, como el metabolismo de los alimentos, la respiración y el ejercicio, o bien son generados por factores ambientales como la contaminación industrial, el tabaco, la radiación, los medicamentos...

Los radicales libres son átomos o moléculas extremadamente reactivas, debido a que en el orbital más externo de su estructura tienen uno o más electrones sin aparear. Esta inestabilidad les confiere una avidez física por la captura de un electrón de cualquier otra molécula de su entorno, ocasionando que la estructura afectada quede inestable.



Sin embargo, la naturaleza del daño causante de envejecimiento es aún motivo de intenso debate científico. Trabajos recientes con ratones modificados genéticamente sugieren que los “radicales libres” no parecen ser los causante del envejecimiento del organismo.

Las células, al irse dividiendo para dar lugar a nuevas células, van transmitiendo un DNA dañado e incompleto debido a la pérdida progresiva de unas estructuras protectoras del DNA denominadas telómeros. Cuando los telómeros se acortan por debajo de una longitud mínima, las células interrumpen su ciclo celular y dejan de regenerar los tejidos, produciéndose así el envejecimiento de las células. Esta idea, tiene un amplio apoyo experimental con ratones modificados genéticamente para la telomerasa, el enzima que sintetiza los telómeros, así como de enfermedades humanas de envejecimiento prematuro debidas a un acortamiento acelerado de los telómeros.

Cuanto más largos son los telómeros, más puede multiplicarse una célula (incluidas las células madre que regeneran los tejidos) y por lo tanto el organismo se mantiene joven durante más tiempo.



Me parece una investigación muy interesante que podría ayudarnos a vivir más tiempo o a curar ciertas enfermedades, por ejemplo de envejecimiento prematuro.


Fuentes:
http://www.cnio.es/es/news/docs/maria-blasco-pnas-26oct09-es.pdf (Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas.)
http://www.alumno.unam.mx/algo_leer/Envejecimiento.pdf (Facultad de Medicina, Universidad Nacional Autónoma de México. Centro Interdisciplinario de Ciencias de la Salud, Instituto Politécnico Nacional.)


domingo, 14 de noviembre de 2010

LEDs para implantes subcutáneos

Investigadores dos Estados Unidos, China, Corea e Singapur puxeron a punto un novo tipo de LED. Trátase dunha folla moi delgada e flexible, sobre a que se encontran LEDs e sensores . O interesante deste invento é que se concibe especialmente para ser utilizado en implantes médicos subcutáneos, para facilitar o seguimento médico de determinados parámetros vitais ou a forma na que o corpo reacciona ante os medicamentos.

Este fragmento (traducido) é a introdución a unha noticia en castelán (atopada por Fátima) que poderedes ver completa aquí. Esperamos que vos resulte interesante ^.^

A redación.

jueves, 11 de noviembre de 2010

Colisionador de Hadróns inicia experimento en busca do Big Bang

O noso coñecemento sobre o universo está a piques de cambiar.


O gran colisionador de partículas é un enorme aparello científico, situado na fronteira franco-suíza, a uns 100 metros de profundidade. É un tunel de 27 metros de longo, con forma circular. É un acelerador de partículas utilizado polos físicos para estudiar as partículas máis paquenas que se coñecen, a estrutura fundamental de todo.

Dous haces de partículas subatómicas chamadas hadróns viaxarán en direccións opostas do acelerador, gañando enerxía en cada volta, e poden chegar a dar 11.000 voltas por segundo. Os físicos intentarán recrear as condición dos momentos seguintes ao Big Bang, facendo chocar eses dous haces de frente.


Os científicos que traballan no Gran Colisionador de Hadróns, o experimento físico máis ambicioso do mundo, comenzaron este martes unha nova proba.

Os investigadores confirmaron o choque dos dous haces de partículas subatómicas a unha velocidade levemente inferior á da luz. A colisión xerou unha enerxía récord de sete trillóns de voltios (unha temperatura un millón de veces máis quente da que se da no centro do Sol).

O experimento intenta atopar pistas sobre algunhas das grandes preguntas que aínda non teñen resposta na física de partículas. Intenta así atopar o bosón de Higgs, unha partícula que é crucial na comprensión de física e que se supón que provee de masa a todo o universo (prevéese a súa existencia, ainda que ata agora ningún científico a atopou).

Aínda que este experimento resulta un grande avance, os científicos advírtennos que analizar estes datos ata obter algunha respota, algún avance concluínte é tarefa de anos.


Fontes de información:

BBC: www.bbc.co.uk/mundo/ciencia_tecnologia/2010/03/100330_colisionador_hadrones_cern_particulas_big_bang_jp.shtml

(Aquí podemos ver un video que resume o artículo)


The Large Hadron Collider: public.web.cern.ch/public/en/LHC/LHC-en.html

martes, 9 de noviembre de 2010

A Internet chega a alturas inimaxinables

"A ciencia é algo moi complexo, pero serve para explicalo todo" Jorge Mira. Físico da USC

Conseguido. O ser humano conquistou a cima do mundo, o monte Everest, -cos seus 8.850 imperiosos metros de altura-. Moitos estaredes a pensar que o home xa fai moito tempo que chegou por vez primeira ao cumio do mundo. Pero este tipo de conquista é moi distinta. O home logrou facer chegar ao cumio deste grandioso monte a tecnoloxía 3G, isto quere dicir que xa se poden disfrutar de todas as vantaxes que a Internet nos ofrece, desde mandar un e-mail aos nosos familiares, ata buscar información da orixe do universo en calquer buscador como Google, pasando por ler ás noticias en calquer periódico para ter coñecemento dos acontecementos que están a suceder nese intre na nosa localidade. Antes, nesta zona do Nepal só se podía efectuar chamadas vía satélite, era un modo moi convencional é bastante caro.

Pero agora é tempo de formularnos unha serie de cuestións. Moita xente pensa que isto non é progreso, por que estase a danar a natureza desa zona. O Everest, fai cincuenta anos estaba totalmente deserto, e agora esta ateigado de alpinistas e excursionistas. O lixo acumulado na montaña é xigantesco... A isto lle chamamos progreso ? No aire deixamos a pregunta.

A redacción


domingo, 7 de noviembre de 2010

Encontran o primeiro planeta «realmente» habitable
Este descubrimento pode marcar un antes e un despois na procura de «novas Terras». Acaba de ser anunciado por un equipo de astrónomos das Universidades de California e Santa Cruz e do Instituto Carnegie de Washington. Se os datos se confirman, o novo mundo sería o máis parecido ó noso de todos os que se han descuberto ata agora. Tanto, que podería albergar auga e reunir as condicións necesarias para ser habitable.
Sen embargo, o mero feito de que Gliese 581g sexa considerado capaz de sustentar vida non significa necesariamente que sexa un lugar agradable para vivir nel. O realmente importante de Gliese 581g é que reúne, por primeira vez, as dúas condicións máis importantes que se consideran necesarias para que a vida poida existir: la posibilidade de auga en estado líquido e a presenza dunha atmosfera que reteña os gases necesarios.

Características de Gliese 581g
O novo planeta atópase a 20 anos luz da Terra, entorno a unha estrela, Gliese 581.
Posúe unha masa entre tres e catro veces a da Terra e un período orbital de 36,6 días. Encóntrase xusto no centro da zona de habitabilidade da súa estrela, é dicir, dentro da estreita franxa orbital que permite a existencia de auga en estado líquido. A súa masa indica que, con toda probabilidade, se trata dun mundo rochoso, como o noso, cunha superficie ben definida e cunha gravidade suficiente para reter a súa propia atmosfera.
Outra peculiaridade do novo mundo é que, debido ás forzas da marea e á distancia á que se encontra da súa estrela, é máis que probable que amose sempre a mesma cara ó seu sol, da mesma forma en que a Lúa amose sempre a mesma cara á Terra. O cal significa que a metade do planeta vive permanentemente de día e a outra metade está sumida nunha noite perpetua. Os investigadores estiman que as temperaturas medias de Gliese 581g oscilan entre os -31 grados no lado escuro e os -10 na cara iluminada.

As condicións físicas e químicas para que un organismo poida vivir nun determinado lugar son estas que se mencionan a continuación:
  • Auga en estado líquido.
  • O planeta ten que ter un tamaño adecuado para poder soportar a atmosfera.
  • Presenza de osíxeno.
  • A atmosfera ten que deixar pasar a luz visible a través dela para que determinados organismos poidan realizar a fotosíntese.
  • A temperatura ten que ser de -18ºC como mínimo e de 50ºC como máximo. Por enriba e por embaixo de ditos límites pode atoparse vida en estado latente; considerando esta, os marxes quedan redefinidos entre os -200ºC e os 80ºC/110ºC.
Esta noticia foi consultada no Diario ABC, onde se explica máis detalladamente todo o relacionado con ela. 

A redacción 

jueves, 4 de noviembre de 2010

A teoría de cordas

Deixámovos uns videos explicativos sobre esta teoría, que unifica a relatividade de Einstein e a mecánica cuántica, dous campos da física que están enfrontados.

Este é unha breve introdución ao tema e fala de cousas que se verán tamén nos outros videos.

Aquí explican a ''rivalidade'' entre relatividade e mecánica cuántica.

Neste fálase sobre Newton e Einstein, o primeiro sentou as bases e o segundo formulou a teoría da Relatividade.

Este forma parte dun documental dividido en cinco trozos sobre a teoría de cordas, neste falan da mecánica cuántica e tratan de explicala.

Esperamos que os videos resulten fáciles, recomendamos mirar o primeiro porque é unha especie de resumo dos demais, un traballo duns alumnos de bacharelato. É que esta teoría, como moitas sobre a orixe do universo, é bastante complexa. Pero bueno, non existen imposibles, non? :)

PD: actualmente á teoría de cordas chámaselle tamén de supercordas.

A redacción.