martes, 9 de noviembre de 2010

A Internet chega a alturas inimaxinables

"A ciencia é algo moi complexo, pero serve para explicalo todo" Jorge Mira. Físico da USC

Conseguido. O ser humano conquistou a cima do mundo, o monte Everest, -cos seus 8.850 imperiosos metros de altura-. Moitos estaredes a pensar que o home xa fai moito tempo que chegou por vez primeira ao cumio do mundo. Pero este tipo de conquista é moi distinta. O home logrou facer chegar ao cumio deste grandioso monte a tecnoloxía 3G, isto quere dicir que xa se poden disfrutar de todas as vantaxes que a Internet nos ofrece, desde mandar un e-mail aos nosos familiares, ata buscar información da orixe do universo en calquer buscador como Google, pasando por ler ás noticias en calquer periódico para ter coñecemento dos acontecementos que están a suceder nese intre na nosa localidade. Antes, nesta zona do Nepal só se podía efectuar chamadas vía satélite, era un modo moi convencional é bastante caro.

Pero agora é tempo de formularnos unha serie de cuestións. Moita xente pensa que isto non é progreso, por que estase a danar a natureza desa zona. O Everest, fai cincuenta anos estaba totalmente deserto, e agora esta ateigado de alpinistas e excursionistas. O lixo acumulado na montaña é xigantesco... A isto lle chamamos progreso ? No aire deixamos a pregunta.

A redacción


3 comentarios:

  1. Recomento xD

    É unha noticia interesante, aínda que a pregunta paréceme máis importante. É malo ese progreso? Eu creo que o malo é o uso que facemos del, posto que pode ser moi útil pero non desa maneira.

    Bicos :)

    ResponderEliminar
  2. Un artúculo moi interesante, que ademais fai pensar.
    En canto á última parte, non sei ben se será un progreso ou non, ainda que o que sí penso é que se dicimos que iso é danar a natureza, deberíamos aplicar ese mesmo termo ao resto dos paraxes do noso planeta que estamos a sobreexplotar dalgunha maneira.

    Bicos tamén :)

    ResponderEliminar
  3. Decatarse dos aspectos negativos do progreso é o mellor xeito de comezar a solucionalos.

    ResponderEliminar