domingo, 7 de noviembre de 2010

Encontran o primeiro planeta «realmente» habitable
Este descubrimento pode marcar un antes e un despois na procura de «novas Terras». Acaba de ser anunciado por un equipo de astrónomos das Universidades de California e Santa Cruz e do Instituto Carnegie de Washington. Se os datos se confirman, o novo mundo sería o máis parecido ó noso de todos os que se han descuberto ata agora. Tanto, que podería albergar auga e reunir as condicións necesarias para ser habitable.
Sen embargo, o mero feito de que Gliese 581g sexa considerado capaz de sustentar vida non significa necesariamente que sexa un lugar agradable para vivir nel. O realmente importante de Gliese 581g é que reúne, por primeira vez, as dúas condicións máis importantes que se consideran necesarias para que a vida poida existir: la posibilidade de auga en estado líquido e a presenza dunha atmosfera que reteña os gases necesarios.

Características de Gliese 581g
O novo planeta atópase a 20 anos luz da Terra, entorno a unha estrela, Gliese 581.
Posúe unha masa entre tres e catro veces a da Terra e un período orbital de 36,6 días. Encóntrase xusto no centro da zona de habitabilidade da súa estrela, é dicir, dentro da estreita franxa orbital que permite a existencia de auga en estado líquido. A súa masa indica que, con toda probabilidade, se trata dun mundo rochoso, como o noso, cunha superficie ben definida e cunha gravidade suficiente para reter a súa propia atmosfera.
Outra peculiaridade do novo mundo é que, debido ás forzas da marea e á distancia á que se encontra da súa estrela, é máis que probable que amose sempre a mesma cara ó seu sol, da mesma forma en que a Lúa amose sempre a mesma cara á Terra. O cal significa que a metade do planeta vive permanentemente de día e a outra metade está sumida nunha noite perpetua. Os investigadores estiman que as temperaturas medias de Gliese 581g oscilan entre os -31 grados no lado escuro e os -10 na cara iluminada.

As condicións físicas e químicas para que un organismo poida vivir nun determinado lugar son estas que se mencionan a continuación:
  • Auga en estado líquido.
  • O planeta ten que ter un tamaño adecuado para poder soportar a atmosfera.
  • Presenza de osíxeno.
  • A atmosfera ten que deixar pasar a luz visible a través dela para que determinados organismos poidan realizar a fotosíntese.
  • A temperatura ten que ser de -18ºC como mínimo e de 50ºC como máximo. Por enriba e por embaixo de ditos límites pode atoparse vida en estado latente; considerando esta, os marxes quedan redefinidos entre os -200ºC e os 80ºC/110ºC.
Esta noticia foi consultada no Diario ABC, onde se explica máis detalladamente todo o relacionado con ela. 

A redacción 

1 comentario:

  1. Abraiante. É moi interesante o tema, sobre todo se temos en conta que a maioría dos datos que hai respecto á vida no universo son meras suposicións :)

    ResponderEliminar