jueves, 11 de noviembre de 2010

Colisionador de Hadróns inicia experimento en busca do Big Bang

O noso coñecemento sobre o universo está a piques de cambiar.


O gran colisionador de partículas é un enorme aparello científico, situado na fronteira franco-suíza, a uns 100 metros de profundidade. É un tunel de 27 metros de longo, con forma circular. É un acelerador de partículas utilizado polos físicos para estudiar as partículas máis paquenas que se coñecen, a estrutura fundamental de todo.

Dous haces de partículas subatómicas chamadas hadróns viaxarán en direccións opostas do acelerador, gañando enerxía en cada volta, e poden chegar a dar 11.000 voltas por segundo. Os físicos intentarán recrear as condición dos momentos seguintes ao Big Bang, facendo chocar eses dous haces de frente.


Os científicos que traballan no Gran Colisionador de Hadróns, o experimento físico máis ambicioso do mundo, comenzaron este martes unha nova proba.

Os investigadores confirmaron o choque dos dous haces de partículas subatómicas a unha velocidade levemente inferior á da luz. A colisión xerou unha enerxía récord de sete trillóns de voltios (unha temperatura un millón de veces máis quente da que se da no centro do Sol).

O experimento intenta atopar pistas sobre algunhas das grandes preguntas que aínda non teñen resposta na física de partículas. Intenta así atopar o bosón de Higgs, unha partícula que é crucial na comprensión de física e que se supón que provee de masa a todo o universo (prevéese a súa existencia, ainda que ata agora ningún científico a atopou).

Aínda que este experimento resulta un grande avance, os científicos advírtennos que analizar estes datos ata obter algunha respota, algún avance concluínte é tarefa de anos.


Fontes de información:

BBC: www.bbc.co.uk/mundo/ciencia_tecnologia/2010/03/100330_colisionador_hadrones_cern_particulas_big_bang_jp.shtml

(Aquí podemos ver un video que resume o artículo)


The Large Hadron Collider: public.web.cern.ch/public/en/LHC/LHC-en.html

2 comentarios:

  1. Na conferencia de clausura do XXIII congreso de ENCIGA celebrado recientemente en Telleiras tratouse do equipo da USC que traballa actualmente no colisionador. Non estamos tan loxe do coñecemento.... USC= Universidade de Santiago de Compostela. Buscade "Bernardo Adeva"

    ResponderEliminar
  2. Na Voz de Galicia do sábado 27 de novembro de 2010 ven unha noticia sobre os experimentos no LHC que vos pode interesar:
    http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/11/27/0003_8875078.htm

    ResponderEliminar